Xalundes é o repositorio online do rol en galego: aquí poderás atopar tanto recursos para as túas partidas como creacións de rol en galego.
O noso obxectivo é atopar, reunir e compartir co mundo todo o rol en galego posible. Se coñeces algún recurso ou obra de rol en galego que non está aquí, fáinolo saber enviándonos unha mensaxe ou no discord de Irmandades do Dado, comunidade de rol 100% en galego da que nace este proxecto.
XOGOS E SISTEMAS
As Crónicas de Gáidil é un xogo de rol de fantasía castrexa con sistema propio e construido sobre a historia antiga e medieval e o folclore de Galicia. Obra pioneira dos xogos de rol en galego!
É unha creación de Pablo Fernández Otero e Nacho Rodríguez Domínguez.

O Refuxio é un xogo de rol nunha páxina, para pasar unha noite de taberna entre deuses e monstruos.
É unha creación de José Francisco Riera Díaz.

Menos Samba e Mais Trabalhar é xogo de rol sobre axentes secretos/as/es no Brasil durante o carnaval. É un hack do xogo Lasers & Feelings e está en galego internacional.
É unha creación de Xurxo Diz Pico.

Monstro da Semana é a traducción (ao brasileiro) do xogo de rol Monster of the Week, un xogo PbtA de terror e acción sobre perseguir e dar caza a perigosos e terroríficos monstros ao estilo de series como Buffy Cazavampiros, Supernatural ou Expediente X.
O xogo é creación de Michael Sands. Esta traducción é obra de Luiz Borges.

Breathless – DRS é a traducción do DRS (documento de regras do sistema) do xogo Breathless, un xogo de terror e supervivencia onde xogades como Supervivintes tratando de mantervos vivos nunha cidade amurallada chea de zombis.
O sistema é creación de René-Pier Deshaies-Gélinas. Esta traducción é obra de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

Teles & Gaitas é xogo de rol sobre espías da TVG (Técnicos Vixías de Galicia) infiltrados/as na CRTVG (Corporación Radio e Televisión de Galicia) para salvagardar a cultura do país. Inda que normalmente a xente na casa non se entera, non son poucas as ameazas que agardan o intre axeitado para comprometer as emisións e, por tanto, a estabilidade nacional. É un hack do xogo Lasers & Feelings.
É unha creación de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

Lendas é un xogo de rol que, usando o sistema SD6 e só en 54 páxinas, ofrece un estilo de xogo improvisado (con tres regras: diversión, coherencia e consenso), da consellos de dirección e ofrece un entorno de aventura construido sobre elementos das lendas galegas, das lendas de Gustavo Adolfo Bécquer e doutros elementos da cultura galega. Apto para quen non coñeza o rol. 3º clasificado no concurso de deseño de xogos de rol de Galiciarol 2013.
É unha creación de Mariola Juncal.
Se non atopas aí o arquivo…

Entrevista castrapo é un xogo de rol en solitario onde interpretarás a unha neofalante enfrontándose a unha entrevista de traballo para unha gran industria galega. A entrevistadora, que terá a última palabra sobre a túa contratación, non fala “el gallego”, senón que fala castrapo. A túa tarefa será agradala sen traizoar moito os teus ideais lingüísticos.
É unha creación de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

SD6 (“Sistema D6) é a traducción do sistema do mesmo nome, un sistema de rol xenérico e multiambiental. A súa sinxeleza débese a que foi concebido para introducir a nenes de seis ou máis anos nos xogos de rol.
O sistema é creación de xente do foro SPQRol, nacido de Comunidad Rolero. Esta traducción é obra da xente da comunidade Irmandades do Dado.
Se non atopas aí o arquivo…

O Choco Otomano é unha aventura autoxogable de rol con personaxes prexeneradas, un sistema propio, mapas e outras axudas. Ademais, no sitio podedes escoitar unha gravación (en dúas partes, só audio) da partida de “O Choco Otomano” xogada polos autores.
É unha creación da xente de Gurrucho de Vozcast.

Efecto desgaleguizador é un xogo de rol para tres xogantes sobre o efecto que ten o sistema educativo galego sobre a transmisión do galego ás novas xeracións.
É unha creación de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

A xustiza da Negra Sombra é un xogo de rol baseado no sistema Breathless, inspirado polo poema A xusticia pola man (de Rosalía de Castro) e dirixido a grupos de 3-5 persoas. As xogantes interpretan a unhas protagonistas totalmente desprezables cuxos actos pasados ben poden merecer a morte que necesariamente terán, da man da Negra Sombra.
É unha creación de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

Sálpok, o xogo de rol é un de rol orientado a vivir aventuras do xénero sword & planet ambientadas no planeta de Zakfart, escenario do cómic galego Sálpok, obra de Roberto Díez coa axuda de Demo Editorial e Sociedad del Dado Cornudo.
É unha creación de Roberto Díez.


Marmelada universal é un xogo de rol nunha única páxina pensado para que unha persoa leve as tarefas de dirección, namentres as outras interpretan cadansúes alieníxenes na procura de axuda para salvar o seu planeta a través do deporte. Trátase dun sistema pensado para ser xogado nunha única sesión dunhas tres horas.
É unha creación de Xogón.
Se non atopas aí o arquivo…

A través da Mar Infinda é a traducción de Across the Endless Sea, un xogo a cabalo entre o rol, o storytelling colaborativo e o journaling, que busca axudarvos a contar xuntes a estraña viaxe dunha xente a través dun océano fantástico.
O xogo é creación de Luke Jordan. Esta traducción é obra de Viriato Valdés Valiña.

AVENTURAS E RECURSOS SEMELLANTES

Que foi do pobre Dillan Bert? Colar de dentes é unha aventura de terror adulto sen sistema na que as xogadoras interpretarán a rapaces e/ou rapazas dunha vila estadounidense dos anos 90s tratando de resolver a desaparición recente dun neno da vila.
A aventura é creación de Mariola Juncal. Esta traducción é obra de Matavacas.

Fiasco dos Monxes é a traducción do escenario La Abadía del Crimen con diversas modificacións.
O escenario é creación de José Carlos de Diego Guerrero. Esta traducción é obra de Xurxo Diz Pico.

Made in Galicia é un escenario de Fiasco cheo de relacións, lugares e obxectos estereotípicos da vida cotiá na Galiza, porque non só de rutinas de Wisconsin vive o rol!
É unha creación de Alpha.

Princesas Disney no espazo exterior! é unha ambientación que leva as Princesas Disney a unha
loita contra o patriarcado a través da Galaxia. Foi inicialmente pensada para ser xogada con
Thirsty Sword Lesbians, pero pódese adaptar a calquer sistema que conxugue acción e drama.
É unha creación de Xurxo Diz Pico.

No xeo é a traducción do escenario base The Ice, saído no manual de Fiasco, con algunhas modificacións.
O escenario é unha creación de Bully Pulpit Games. Esta traducción é obra de Xurxo Diz Pico.

Blades in Ravnica é unha ambientación resultante de mesturar o mundo de Ravnica e as premisas da ambientación do xogo Blades in the Dark.
É unha creación de Xurxo Diz Pico.
AXUDAS E FERRAMENTAS ONLINE

Estes recursos para Fate inclúen:
- Folla de personaxe de Fate Básico
- Folla de personaxe de Fate Acelerado
- Folla de personaxe de Fate Condensado
- Folla de referencia para Fate Condensado
- Personaxes prexeneradas para varias ambientacións
- Mecánica para simular o inventario de aventuras gráficas
- Etc.
Son creación de Xurxo Diz Pico.

Estas regras de For the Queen (Pola Raíña) inclúen todas as regras deste xogo de construcción de historias a partir de cartas, sen máster, para un grupo de ata 6 participantes e que pode comezar a xogarse en minutos. Require o uso da baralla do xogo ou, cando menos, unha lista coas preguntas que aparecen na baralla.
O xogo é creación de Álex Roberts. Esta traducción é obra de Aurora Grandal Vázquez.

Estas ficha editable de personaxe para D&D 5ª Edición é todo o que promete ser.
É unha creación de Nit coa colaboración de Daenvil.
Se non atopas aí o arquivo…

Estas ficha editable de personaxe para D&D 3.5 inclúe todos os elementos da ficha orixinal.
É unha creación de Emilio.

Este paquete de galego de Foundry VTT é un paquete de arquivos que permite usar en galego este programa de taboleiros virtuais.
É un proxecto coordinado por Xurxo Diz Pico e coa colaboración de Alberte Mozo (Salitre).

Fari App é un sitio web que che ofrece un taboleiro virtual deseñado para Fate e outros xogos narrativos.
O app é creación de René-Pier Deshaies-Gélinas. Esta traducción é obra de Xurxo Diz Pico.
IMPORTANTE! Lembra escoller a opción de galego na icona de linguaxe no menú superior.
Este mapa hexagonal de Galicia está en formato .png é .hmx (editable con Hexographer e outros programas semellantes). Idóneo para facer partidas de exploración tipo hexcrawl.
É unha creación de manueldelouredo.
Este documento sobre ferramentas (técnicas) para a seguridade no rol explica que son estas ferramentas e algunhas das máis coñecidas e populares.
É unha creación de Mariola Juncal, Viriato Valdés Valiña e Xurxo Diz Pico.

Kanka é unha web que che permite crear wikis onde organizar escenarios de campaña, campañas e aventuras longas, con categorías adaptadas ás necesidades dos mundos fantásticos e os xogos de rol.
A app é creación de Jon e Jay. Esta traducción é obra de Daenvil.

Esta proposta de léxico vampírico foi pensada para xogar Vampiro: A Mascarada. Inclúe unha selección de obras galegas de referencia sobre vampirismo.
É unha creación de Alexander Weiss.

Esta folla de PX para Call of Cthulhu (A Chamada de Cthulhu) é para aventuras ambientadas nos anos 1920s.
É unha creación de Albesias.

Esta ficha editable de personaxe para 7º Mar Segunda Edición é unha marabilla.
É unha creación de Hada Fox de Galicia Rolera canda Aurora Grandal Vázquez e Nit Castelval.
PARTIDAS E OUTRAS CREACIÓNS

Rol en galego é a lista de reproducción da canle de Youtube Roleiradas by Penta que inclúe as súas partidas en galego.
É unha creación de Penta.

O lar do xogón é un blog en galego sobre xogos de mesa, xogos de rol e videoxogos. (A ligazón leva directamente aos artigos sobre xogos de rol.)
É unha creación de Xogón.

xurxodiz.eu é un blog de temática moi variada con varias obras e recursos para o rol. (A ligazón leva directamente á sección de rol.)
É unha creación de Xurxo Diz Pico.

Luces, cámaras e… ROL! é unha listaxe de reproducción que busca incluír todas as partidas públicas de rol en galego dispoñibles en Youtube. Inclúe partidas creadas por:
É unha creación de Viriato Valdés Valiña.
IMPORTANTE! Se non está a túa, avísanos e a incluiremos.

Galicia nas Tebras é unha serie de videoensaios adicados á presenza do sobrenatural en Galiza (no seu folclore, na súa literatura) e a súa expresión nos xogos de rol do universo de Mundo de Tebras.
É unha creación de Alexander Weiss.

Rol polo Día das Letras Galegas é unha lista de reproducción que reúne as partidas en galego propias de Galicia Rolera.
É unha creación de Penta.

A Lagoa da Lamia Escura é un sitio web bilingüe (aínda que principalmente en galego) que ofrece información sobre rol en galego, español e inglés, aventuras gratis, adaptacións de aventuras e outros contidos. Tamén fai difusión de eventos roleiros. Na súa canle de Youtube, ten partidas e outros contidos audiovisuais sobre rol en galego.
É unha creación de Lamia Escura.

A partida de D&D máis caótica en Galego!
Os Timcaos é un grupo de xogantes de rol (D&D 5a) que emiten as súas partidas por streaming en Twitch e grabadas por Youtube. Son o primeiro streming regular de rol en galego.
É unha creación de secho e o resto do equipo Timcaos.
Este sitio.
É unha creación de Viriato Valdés Valiña e Xurxo Diz Pico.
CLUBES E COMUNIDADES


Galicia Rolera é a maior comunidade online de rol centrada en Galicia. É unha comunidades bilingüe castelán-galego. No seu servidor de Discord pódense organizar e xogar partidas, reclutar e apuntarse nelas, conversar e compartir. Organizan algunhas xornadas anuais (online e presenciais) como o Roliversario, o Samaín e o Rolsticio de Inverno.
É unha creación de Nit, Aurora Grandal e Lamia Escura.

IMPORTANTE! Todos os arquivos para descarga que aparecen nesta páxina foron compartidos xenerosamente co público polas persoas creadoras. Se algunha destas obras é túa e queres que non estea aquí, ou queres que te mencionemos doutra forma, envíanos unha mensaxe ou coméntanolo no discord de Irmandades do Dado.